Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada sobre a contabilidade nacional nas administracións locais: as regras fiscais

    Xornadas / Mércores, 22 de Novembro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca unha xornada que ten como obxectivo, por unha banda, analizar en profundidade o réxime das regras fiscais para o seu correcto cálculo e, por outra, analizar o réxime da débeda pública e os requisitos para poder endebedarse.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local de Galicia con habilitación de carácter nacional que pertenza á subescala de intervención-tesourería e secretaría-intervención; así como ao persoal técnico das entidades locais de Galicia que realice funcións relacionadas co contido da xornada.
    Data: venres 1 de decembro de 2023
    Modalidade: presencial.
    Horario: de mañá e tarde.
    Horas lectivas: 8.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 
    Inscrición: desde as 9 horas do 27 de novembro ata as 23.59 horas do 28 de novembro na área de matrícula da EGAP. 
    Unha vez formalizada a inscrición na área de matrícula é preciso enviar, antes da fin do prazo de inscrición, un correo electrónico dirixido a novas.egap@xunta.gal no que se acredite que a persoa solicitante cumpre os requisitos indicados na convocatoria (persoal e/o funcións relacionadas).
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Ficha da actividade  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1167 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212