Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública
Xornadas / Xoves, 7 de Decembro de 2023.
A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, convoca para o 12 de decembro unha nova xornada de formación práctica dixital sobre sistemas para a contratación pública.
Persoas destinatarias:
-
O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
-
A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: o martes 12 de decembro
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.
Número de prazas: 45
Inscrición: desde as 9 horas do 8 de decembro ata as 23.59 horas do 11 de decembro na área de matrícula da EGAP.