Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada Operacións de fin de exercicio nas entidades locais. Elaboración das contas anuais

    Xornadas / Luns, 11 de Decembro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca para o 20 de decembro unha xornada que ten por obxecto analizar, desde unha perspectiva práctica, as operacións de contabilidade pública que realizan as entidades locais no fin do exercicio orzamentario, tanto desde un punto de vista económico como orzamentario e patrimonial.


    Persoas destinatarias: persoal empregado público da Administración local con habilitación de carácter nacional que pertenza á subescala de Intervención-Tesourería e Secretaría-Intervención, así como persoal técnico das entidades locais que realice funcións relacionadas co contido da xornada.
    Data: mércores 20 de decembro de 2023.
    Horario: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.
    Modalidade de impartición: presencial.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
    Duración: 6 horas lectivas.
    Número de prazas: 80
    Inscrición: desde as 9.00 horas do 12 de decembro ata as 23.59 horas do día 17 de decembro
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1169 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212