Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP aproba o número 66 da Revista Galega de Administración Pública

    Publicacións / Martes, 19 de Decembro de 2023.

    Esta tarde reuniuse na Escola o Consello editorial da Revista Galega de Administración Pública (Regap) coa finalidade de aprobar o contido do número 66.


    A próxima publicación incluirá estudos sobre a nova lei do litoral galega, cun artigo de Adrián Agustín Vázquez Rodríguez titulado "A Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia no Réxime constitucional de atribución de competencias entre Estado e comunidades autónomas", e sobre a reforma da Administración local, co texto de Manuel Arenilla Sáez "Deseos e realidades despois de 10 anos da reforma local".

    Ademais, o número 66 incluirá os estudos "E se licitar non fora sempre a forma máis eficiente para proverse de bens e servizos?", de Silvia Díez Sastre, “É o dereito á protesta un novo dereito fundamental?", de Miguel Revenga Sánchez; e "A execución de sentenzas no caso Valdecañas", de Fernando González Botija e Carlos Coello Martín.

    Completarán o número os comentarios de xurisprudencia contencioso-administrativa do maxistrado Francisco de Cominges Cáceres e o texto "Aplicación da LCSP de 2017 desde a súa promulgación", de santiago González-Varas Ibáñez, ademais da recensión de Belén Canedo Antelo sobre "As reservas demaniais. Instrumentos de utilización e conservación ambiental do dominio público, de Teresa M. Navarro Caballero".
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1171 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212