Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Foro de debate: A Constitución e o Dereito no novo contexto sociopolítico

    Xornadas / Xoves, 4 de Xaneiro de 2024.

    A ciencia do Dereito recoñece que a Constitución cumpre tres funcións esenciais: dar lexitimidade a quen exerce o poder político, recoñecer e garantir os dereitos e as liberdades da cidadanía e constituírse como lei suprema no conxunto do ordenamento xurídico. Por iso, nun contexto de incerteza como o existente na actualidade, a nosa Carta Magna debe estar máis presente que nunca para os poderes públicos e para a cidadanía no seu conxunto. Así, este foro de debate profundará na Constitución española como eixo vertebrador dunha sociedade democrática e na importancia do seu respecto e o dos principios que a impregnan para a prosperidade de calquera nación e, en particular, a española. 


    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local; da Administración de xustiza; das universidades do Sistema universitario de Galicia; así como profesionais e persoas interesadas en xeral. 
    Data: 12 de xaneiro
    Duración: 2 horas
    Horario: das 12 ás 14 horas
    Lugar: Aula Colmeiro, EGAP, Santiago de Compostela.
    Inscrición: desde as 9 horas do día 5 de xaneiro ata as 23:59 horas do 10 xaneiro na área de matrícula.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Ficha da actividade  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1174 de 1224
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212