Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Publicado o Plan de formación para o ano 2024

    Cursos / Mércores, 10 de Xaneiro de 2024.

    O DOG do 10 de xaneiro recolle o Plan de formación para o ano 2024 do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, do persoal ao servizo das entidades locais, do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, do persoal de administración e servizos das universidades galegas, así como as actividades enmarcadas no portal de idiomas, o Plan de formación igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, as actividades de formación en competencias dixitais (ComDix), o programa de formación do Instituto de Economía Pública de Galicia e o programa de autoformación, dirixido a todos os destinatarios mencionados.


    O plan aprobado para o ano 2024 inclúe como principais novidades:
    • A convocatoria das sete actividades do nivel iniciación da Certificación galega en competencias dixitais (ComDix). Os títulos pertencentes á antiga Certificación galega de competencias dixitais en ofimática pasan a integrarse na área de formación transversal.
    • A implementación do nivel medio de formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, co curso “A integración da perspectiva de xénero na práctica administrativa: nivel medio” (150 horas). A formación en igualdade complétase con novos contidos sobre violencia de xénero na muller maior, homofobia ou explotación sexual.
    • Programación de novidades formativas relevantes, tanto desde desde o punto de vista dos contidos coma da proxección práctica, na área de réxime xurídico.
    • A ampliación da oferta en idiomas con dous novos cursos de nivel superior de lingua inglesa.
    • O deseño dun programa formativo, completo e específico, sobre novas tecnoloxías con cursos sobre intelixencia artificial, administración electrónica, robotización aplicada á xestión pública ou ciberseguridade. 
    • A actualización de máis do 50% dos contidos na área de formación específica, dirixida ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.
    • A programación de novos títulos en materia de economía pública que se convocarán ao abeiro do IEP.
    • Convocatoria de formación dirixida a procurar o benestar laboral, con cursos sobre coidado da saúde ou relacións saudables. 
    Cómpre sinalar que para matricularse nas accións formativas recollidas neste plan será preciso esperar á publicación no Diario Oficial de Galicia das correspondentes convocatorias.
  • Recursos
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1175 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212