A Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia
Xornadas / Xoves, 18 de Xaneiro de 2024.
O 6 de xullo de 2023 o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/2023 de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, contra a que o Goberno central presentou un recurso de inconstitucionalidade, admitido a trámite, perante o Tribunal Constitucional. Con esta premisa, esta xornada pretende realizar unha análise sobre a devandita lei e sobre a súa inserción no marco xurídico estatal e autonómico, prestando especial atención aos seus puntos claves, ás novidades introducidas pola propia norma, así como ao conflito competencial existente na actualidade.
Contidos:
-
A xestión integrada das zonas costeiras como clave da Lei 4/2023 e a súa plasmación nos seus diferentes puntos.
-
O réxime xurídico dos usos e das actuacións estratéxicas do litoral na Lei 4/2023.
-
Ordenación do litoral e repartición de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas: a resposta xurídica da Lei 4/2023.
Persoas destinatarias: o persoal empregado público da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local; da Administración de xustiza; das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como profesionais e persoas interesadas en xeral.
Data: 31 de xaneiro de 2024.
Modalidade: presencial.
Horario: de mañá.
Horas lectivas: 5.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Inscrición: desde as 9.00 horas do 19 de xaneiro ata as 23.59 horas do 28 de xaneiro na área de matrícula.