Cursos para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia
Cursos / Mércores, 17 de Xaneiro de 2024.
A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio co Consello Consultivo de Galicia, convoca 16 actividades en teleformación dirixidas ao persoal empregado público.
Persoas destinatarias: o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia que se encontre en situación de servizo activo. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.
Solicitudes: desde as 9 horas do 18 de xaneiro ata as 23.55 horas do 29 de xaneiro na área de matrícula.