Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Xunta pon en valor o uso dos custos simplificados para axilizar a xestión dos fondos europeos

    A Escola / Xoves, 22 de Febreiro de 2024.

    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e o director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos, Ángel Luis Tarrío Tobar, clausuraron esta mañá o Curso monográfico sobre custos simplificados nos fondos europeos do marco 2021-2027 na sede da Escola.


    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e o director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos, Ángel Luis Tarrío Tobar, clausuraron esta mañá o Curso monográfico sobre custos simplificados nos fondos europeos no marco 2021-2027, organizado ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP) e en colaboración coa Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos.

    Durante a clausura, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, destacou a importancia das opcións dos custes simplificados (OCS) na xestión dos fondos europeos para axilizar a carga administrativa, garantir o correcto e eficaz uso dos mesmos e facilitar o acceso dos pequenos beneficiarios aos investimentos grazas á simplificación do proceso de xestión.

    Sonia Rodríguez-Campos lembrou que os fondos europeos “representan unha valiosa apertura de posibilidades de financiamento de proxectos pero, ao mesmo tempo, tamén se traduce no incremento de carga de traballo para os responsables da súa xestión. Isto, unido a un contexto de urxencia, fai máis necesario ca nunca contar con instrumentos de execución áxiles co fin de sacar o máximo proveito a estes investimentos”.

    Na súa intervención, a directora da EGAP puxo en valor a relevancia dunha formación especializada en aspectos como as opcións dos custes simplificados xa que resulta de especial interese para a correcta aplicación dos fondos europeos.

    Sonia Rodríguez-Campos lebrou que cando se utilizan os custes simplificados, os custos subvencionables dunha operación calcúlanse segundo un método predefinido baseado nos produtos, os resultados ou otros custos claramente definidos de antemán. “Xa non é necesario rastrexar nos documentos xustificativos cada euro de gasto cofinanciado: este é o punto crave dos custos simplificados pois alixeira considerablemente a carga administrativa”, apuntou.

    A directora da EGAP subliñou que os custos simplificados, que só poden utilizarse no caso das subvencións e a asistencia reembolsable, “contribúen a un uso máis correcto dos fondos europeos cunha menor porcentaxe de erro e a un aumento da capacidade de absorción dos investimentos xa que permiten certificar a maior velocidade maiores importes”.

    O curso monográfico, cunha participación de máis de 200 persoas, tivo como obxectivos formar ao persoal dos organismos xestores dos programas de fondos europeos no ámbito das opcións de custos simplificados recollidas na normativa de aplicación aos fondos europeos no marco financeiro plurianual 2021-2027, así como o persoal de todas aquelas unidades administrativas que participan no proceso de elaboración e aprobación de bases reguladoras e convocatorias de axudas cofinanciadas con fondos europeos.

    Este curso encádranse na actividade formativa do Instituto de Economía Pública de Galicia, unha sección dentro da EGAP, que ten como misión promover a formación avanzada, o coñecemento dos sistemas de xestión doutras administracións, o debate de ideas e a realización de estudos e informes nun eido tan esixente e cambiante coma o da economía pública.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1191 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212