Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria de actividades de formación sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos

    A Escola / Martes, 2 de Abril de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 57 actividades de formación e 2.850 prazas correspondentes a formación dirixidas ao persoal ao servizo da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da administración institucional e do persoal ó servizo da Administración de xustiza de Galicia.


    Persoas destinatarias: persoal ao servizo da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da administración institucional, así como o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de Xustiza, dependente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atope en situación de servizo activo, (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

    Matrícula: desde as 9:00 horas do 3 de abril de 2024 ata 14:00 horas do 12 de abril na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria do DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1199 de 1230
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212