Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria de cursos do Plan de Formación para o persoal dos centros de Atención a Mulleres e Vítimas de Violencia de Xénero de Galicia

    A Escola / Xoves, 11 de Abril de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Acordo de colaboración subscrito coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Secretaría Xeral da Igualdade , convoca 8 actividades de formación e 450 prazas dirixidas aos profesionais que atenden directa ou indirectamente ás vítimas de todas as formas de violencia de xénero dos Centros de Información á Muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero (CRI); do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (CEMVI); dos centros de acollida integrantes da Rede galega de acollemento; das Oficinas de Asistencia ás Vítimas do Delito de Galicia; así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Secretaría Xeral da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade das Xefaturas Territoriais das Delegacións da Xunta.


    Persoas destinatarias: O persoal dos Centros de Información á Muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero (CRI); do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (CEMVI); dos centros de acollida integrantes da Rede galega de acollemento; das Oficinas de Asistencia ás Vítimas do Delito de Galicia; así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Secretaría Xeral da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade das Xefaturas Territoriais das Delegacións da Xunta e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

    Matrícula: desde as 9:00 horas do 12 de abril de 2024 ata 14:00 horas do 17 de abril na área de matrícula
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1204 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212