Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Segunda convocatoria do Instituto de Economía Pública de actividades dirixida ao persoal da Administración autonómica

    A Escola / Martes, 21 de Maio de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca novas actividades de formación continua do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP). Convócanse 14 actividades de formación continua e 665 prazas correspondentes ao segundo semestre do ano 2024 para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; das entidades locais de Galicia; e da administración e servizos (PAS) das universidades do SUG.


    Persoas destinatarias: o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; das entidades locais de Galicia; e da administración e servizos (PAS) das universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

    Matrícula: desde as 9:00 horas do 22 de maio de 2024 ata 14:00 horas do 3 de xuño na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1214 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212