Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Xunta pon en valor o papel da axenda urbana para facer das cidades e pobos ámbitos de convivencia saudables, seguros, inclusivos e concienciados

    A Escola / Mércores, 22 de Maio de 2024.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou esta mañá o curso superior A Axenda Urbana: un novo marco para as políticas públicas nas cidades e pobos. Elaboración, execución e avaliación de Axendas urbanas locais, organizado pola EGAP.


    No acto de inauguración, tamén participaron os directores académicos da nova actividad formativa, o xefe do Servizo de Proxectos e Estratexias cos Fondos Europeos do Concello da Coruña, José Manuel Peña Penabad, e o consultor da empresa Estratexia e Organización, Juan Arredondo de la Fuente. O curso superior, que terá lugar desde hoxe ata o 26 de xuño, ten unha duración de 40 horas lectivas.

    A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, destacou a importancia do curso superior "que busca profundar nos distintos aspectos que conforman a Axenda Urbana española, unha folla de roteiro que vai marcar a estratexia e as accións para levar a cabo ata o ano 2030 para facer dos nosos pobos e cidades ámbitos de convivencia amables, inclusivos, acolledores, saudables, seguros e concienciados co medio ambiente".

    Ademais, Sonia Rodríguez-Campos sinalou que a Axenda Urbana se constitúe "como un proceso de carácter dinámico e en permanente actualización e adaptación aos cambios que se vaian producindo en cada contexto territorial. Para iso, promove a participación e implicación activa dos actores públicos locais e da cidadanía".

    A directora da EGAP afirmou que a participación cidadá "xoga un papel fundamental porque non é posible elaborar unha estratexia de cidade se non se ten en conta a opinión dos cidadáns. Esta estratexia só será lexítima se dita partipación de todos é real e efectiva".

    Sonia Rodríguez-Campos lembrou que "a única maneira de mostrar tanto á cidadanía como á propia organización municipal cales son os obxectivos de partipación é facendo que a cidadanía séntase corresponsable e que os documentos se conformen de abaixo a arriba. Para iso, será necesario contar co apoio de actores, tanto internos como externos, das propias Administracións públicas e do sector privado, do mundo académico, do terceiro sector, da sociedade civil, etc".

    Finalmente, resaltou que o principal beneficio que achega a Axenda Urbana "é a capacidade de ordenar a toma de decisións cunha visión estratéxica de maneira que todas elas sexan coherentes, sistemáticas, integradas e baseadas na coordinación e cooperación de todas as áreas dos Concellos, e co resto das administracións e axentes involucrados". Ademais, engadiu que "se trata de contar con estratexias globais que teñan en conta factores sociais, económicos, territorais e ambientais, baixo o prisma da sustentabilidade".

    Programa do curso

    Os obxectivos do curso superior son profundar nos distintos aspectos que conforman a Axenda Urbana española e a súa dimensión estratéxica; dar a coñecer ao persoal da Administración pública galega as distintas oportunidades de financiamento vinculadas ás axendas urbanas locais, a través do Marco financeiro plurianual 2021-2027 e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

    Tamén, se analizarán os distintos compoñentes que conforman unha axenda urbana local e na imbricación destos na súa elaboración e execución; daranse a coñecer experiencias e estudos de caso a nivel galego, autonómico e nacional de axendas urbanas locais coa presenza de representantes de distintos concellos de España e profundarase, a través destes casos, no uso de determinados instrumentos e metodoloxías empregados.

    Por último, no curso superior estudiaranse os aspectos clave da próxima convocatoria de axudas Feder nas estratexias territoriais integradas.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1215 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212