Convocado o programa de autoformación do ano 2024
A Escola / Venres, 21 de Xuño de 2024.
A Escola convoca 14.200 prazas distribuídas nas 81 materias correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG)
Acceso aos contidos
O acceso aos contidos poderá solicitarse, a través da área de matrícula, dende o 23 de xullo ata o 30 de decembro. Cada persoa determinará libremente o número de contidos nos que se queira inscribir e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas. O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin dá dereito á expedición dun diploma.
Probas de avaliación
Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocadas mediante un exame e acadar un certificado de equivalencia. Matrícula: desde as 9 horas do 22 de xuño ata as 14 horas do 22 de xullo O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar limítase a catro.
Información sobre o funcionamento do programa de autoformación da EGAP
aquí.