Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Conferencia Responsabilidades de autoridades e empregados públicos

    A Escola / Martes, 10 de Decembro de 2024.

    A EGAP celebrará o próximo venres 13 de decembro de 12:00 a 14:00 horas, en Santiago, a conferencia Responsabilidades de autoridades e empregados públicos, a cargo do catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Salamanca, Ricardo Rivero Ortega. Esta actividade formativa encádrase no Ciclo de conferencias ´Presente e futuro do emprego público na Administración posCovid` organizado pola Escola.


    O obxectivo desta sesión é analizar as distintas clases de responsabilidades en que poden incorrer as autoridades e empregados públicos, ademais de dotalos dos coñecementos e capacidades para previr infraccións. A complexidade dos tipos penais, as sancións disciplinarias e administrativas ou as de tipo contable expoñeranse durante a conferencia para axudar a diferenciar cando e como se actúa correctamente e que condutas comportan riscos.
  • Recursos
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1236 de 1240
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212