Convocatoria de actividades de formación sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos
A Escola / Venres, 7 de Marzo de 2025.
A Escola Galega de Administración Pública convoca 63 actividades de formación e 3150 prazas correspondentes a formación dirixidas ao persoal ao servizo da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da administración institucional e do persoal ó servizo da Administración de xustiza de Galicia.
Persoas destinatarias: persoal ao servizo da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da administración institucional, así como o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de Xustiza, dependente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atope en situación de servizo activo, (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 8 de marzo de 2025 ata 14:00 horas do 14 de marzo na área de matrícula.
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.