Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria de actividades de formación do marco galego de competencias dixitais COMDIX

    A Escola / Venres, 7 de Marzo de 2025.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 49 actividades de formación e 5.400 prazas correspondentes á formación dirixida ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).


    Persoas destinatarias: O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galicia; e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (en diante SUG), que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos na convocatoria.

    Matrícula: desde as 9:00 horas do 8 de marzo de 2025 ata 14:00 horas do 14 de marzo de 2025 na área de matrícula.

    O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres máis o curso COMDIX iniciación 0: empezamos!.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1249 de 1257
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212