Cursos de lingua inglesa para o persoal do Igape
A Escola / Luns, 10 de Marzo de 2025.
A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica, cursos de especialización de conversa en inglés financeiro e da empresa dirixidos ao persoal laboral e persoal funcionario con destino no Igape.
Matrícula: o prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde as 9.00 horas do 11 de marzo de 2025 ata as 14.00 horas do 17 de marzo de 2025.