A Escola Galega de Administración Pública convoca 15 actividades de formación continua e 730 prazas correspondentes á programación do primeiro semestre do Instituto de Economía Pública de Galicia.
Requisitos das persoas participantes: o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; das entidades locais de Galicia; e da administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia.
Matrícula: desde as 9.00 horas do 18 de marzo de 2025 ata as 14.00 horas do 24 de marzo de 2025 na área de matrícula da EGAP.
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250317/AnuncioO150-070325-0001_gl.html