Cursos para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia
A Escola / Mércores, 19 de Marzo de 2025.
A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio co Consello Consultivo de Galicia, convoca 16 actividades en teleformación dirixidas ao persoal empregado público.
Persoas destinatarias: o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia que se encontre en situación de servizo activo. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.
Solicitudes: desde as 9 horas do 20 de marzo de 2025 ata as 14.00 horas do 26 de marzo de 2025 na área de matrícula.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250319/AnuncioO150-050325-0001_gl.html