Curso de formación en prevencion riscos laborais para o persoal de atención directa do CRAPD de Vigo.
A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do convenio subscrito con VITALY HEALTH SERVICES, SL convoca un curso de formación en prevención de riscos laborais de carácter obrigatorio para o persoal de atención directa do CRAPD de Vigo.
Destinatarios: Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal do centro de traballo indicado no anexo II. Este persoal terá que estar en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Criterios de selección: O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250321/AnuncioO150-130325-0001_gl.html