Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria de cursos do Plan de Formación para o persoal dos centros de Atención a Mulleres e Vítimas de Violencia de Xénero de Galicia

    A Escola / Mércores, 26 de Marzo de 2025.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Acordo de colaboración subscrito coa Consellería competente en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero , convoca 15 actividades de formación e 750 prazas dirixidas aos profesionais que atenden directa ou indirectamente ás vítimas de todas as formas de violencia de xénero dos Centros de Información á Muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta.


    Persoas destinatarias: Persoal dos centros de información á muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta, e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

    Matrícula: desde as 9:00 horas do 27 de marzo de 2025 ata as 14:00 horas do 2 de abril de 2025 na área de matrícula

    Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250326/AnuncioO150-180325-0001_gl.html
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1259 de 1261
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212