Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de prevención de riscos laborais específicos no ámbito da prevención e extinción de incendios forestais

    A Escola / Martes, 8 de Abril de 2025.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, ao abeiro dun convenio co Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia (CSIF Galicia), un curso en teleformación coa finalidade de formar complemetaria e especializadamente ao persoal que participa directa e/ou indirectamente no desenvolvemento de tarefas de defensa e/ou extinción de incendios.


    Persoal destinatario: Estas edicións de curso están dirixidas ás persoas traballadoras activas ou en situación de desemprego, os delegados e delegadas de prevención, de recursos preventivos, que traballen o traballasen nas categorías ou especialidades propias do SPIF na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que desenvolvan ou poidan desenvolver tarefas e actividades na defensa, prevención e/ou extinción de incendios forestais, tales como os/as bombeiros/as forestais, bombeiros/as forestais conductores/as, bombeiros/as forestais xefes/as de brigada, bombeiros/as forestais conductores/as de motobomba, emisoristas/vixilantes do SPIF, operador codificador de datos do SPIF entre outros.

    Matrícula: desde as 9:00 horas do 9 de abril ata as 14:00h horas do 15 de abril na área de matrícula da EGAP.

    Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250408/AnuncioO150-010425-0001_gl.html
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1263 de 1267
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212