Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria en materia de igualdade e violencia de xénero

    A Escola / Mércores, 9 de Abril de 2025.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 43 actividades de formación continua e 2.014 plazas, en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades públicas galegas.


    Persoas destinatarias: O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración de xustiza de Galicia; das entidades locais de Galicia; e o PAS das tres universidades do SUG, que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

    Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros; e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os/as empregados/as públicos/as da Escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Matrícula: dende as 9:00 horas do 10 de abril de 2025 ata 14:00 horas do 16 de abril na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

    Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250409/AnuncioO150-020425-0001_gl.html
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1264 de 1266
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212