Convocatoria do Curso para persoal delegado de protección de datos da Xunta de Galicia
A Escola / Venres, 11 de Abril de 2025.
Ao abeiro do convenio de colaboración subscrito no ano 2025 entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (en diante Amtega) convócase o Curso para persoal delegado de protección de datos da Xunta de Galicia.
Persoas destinatarias: Poderá participar na acción formativa convocada nesta resolución o persoal delegado de protección de datos nomeado (en diante DPD) ou cuxo nomeamento estea previsto a curto prazo, na Administración xeral da Xunta de Galicia, no sector público autonómico e órganos estatutarios. Tamén poderán participar as persoas que formen parte do equipo de apoio aos DPD nos ámbitos anteriormente indicados e outro persoal da Amtega con responsabilidades en materia de protección de datos que se atopen en situación de servizo activo
Matrícula: Dende as 9:00 horas do 12 de abril de 2025 ata 14:00 horas do 19 de abril na área de matrícula.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250411/AnuncioO150-040425-0001_gl.html