A Escola Galega de Administración Pública convoca 43 actividades de formación e 750 prazas correspondentes á formación dirixida ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
Persoas destinatarias: O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galicia; e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (en diante SUG), que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos na convocatoria.
Esta proba de certificación compleméntase coa posta a disposición das persoas interesadas de contidos en liña en réxime da autoformación, de uso voluntario, para adquirir os coñecementos, habilidades e actitudes dixitais, e que servirá de referencia antes de presentarse á proba de certificación.
Acceso aos contidos: O acceso aos contidos poderá solicitarse, a través da área de matrícula, dende o 23 de abril ata o 19 de decembro de 2025. O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin dá dereito á expedición dun diploma.
Probas presenciais de avaliación: Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocadas mediante un exame e acadar o certificado de galego de competencias dixitais nivel iniciación (COMDIX-iniciación) emitido porla AMTEGA
Matrícula: desde as 9 horas do 12 de abril ata as 14 horas do 22 de abril.
Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídos automáticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritos en máis dunha localidade ou horario.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250411/AnuncioO150-040425-0002_gl.html