Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Segunda convocatoria do Instituto de Economía Pública de actividades dirixida ao persoal da Administración autonómica

    A Escola / Luns, 26 de Maio de 2025.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca novas actividades de formación continua do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP).





    A Escola Galega de Administración Pública convoca 15 actividades de formación continua e 710 prazas correspondentes ao segundo semestre do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; das entidades locais de Galicia; e de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do sistema universitario de Galicia (SUG).

    Persoas destinatarias: o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; das entidades locais de Galicia; e da administración e servizos (PAS) das universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

    Matrícula: desde as 9:00 horas do 27 de maio de 2025 ata 14:00 horas do 2 de xuño na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

    Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250526/AnuncioO150-150525-0001_gl.html
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1275 de 1285
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212