A XUNTA e a USC asinan un convenio de colaboración para avanzar nos estudos sobre as finanzas autonómicas e a evolución das políticas públicas
A Escola / Mércores, 28 de Maio de 2025.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos e a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, asinaron onte un acordo coa Universidade de Santiago de Compostela para avanzar nos estudos sobre as finanzas autonómicas e a evolución das políticas públicas.
O convenio de colaboración entre a EGAP e a USC permitirá o desenvolvemento de actividades de estudo, investigación e difusión en materia de análise económica e financeira das políticas públicas, así como avaliar a eficacia a eficiencia das mesmas, para atopar vías de optimización e poder deseñar alternativas innovadoras.