Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocado o programa de autoformación do ano 2025

    A Escola / Luns, 2 de Xuño de 2025.

    A Escola convoca 14.800 prazas distribuídas nas 74 actividades correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).


    Probas de avaliación
    Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocadas mediante un exame e acadar un certificado de equivalencia. Matrícula: desde as 9 horas do 3 de xuño de 2025 ata as 14 horas do 12 de xuño de 2025 O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar limítase a catro.

    Inscrición para o acceso aos contidos
    O acceso aos contidos poderá solicitarse, a través da área de matrícula, dende o 13 de xuño ata o 30 de decembro de 2025. Cada persoa determinará libremente o número de contidos nos que se queira inscribir e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas. O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin dá dereito á expedición dun diploma

    Matrícula nas probas de avaliación e no acceso ós contidos: https://egap.xunta.gal/matricula/

    Anuncio da resolución da convocatoria no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250602/AnuncioO150-230525-0001_gl.html

    Información sobre o funcionamento do programa de autoformación da EGAP aquí.
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Máis información  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1278 de 1280
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212