Curso de actualización en dereito local para persoal do Concello de Pontevedra
A Escola / Mércores, 11 de Xuño de 2025.
A través do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello de Pontevedra convócase o curso de actualización en dereito local para o persoal do Concello de Pontevedra.
Persoas destinatarias: persoal directivo, funcionarios con habilitación de carácter nacional , persoal da escala de Administración xeral e persoal da escala de Administración especial cuxo posto de traballo teña relación coa materia impartida do Concello de Pontevedra.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 12 de xuño de 2025 ata as 14:00 horas do 18 de xuño de 2025 na área de matrícula.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250611/AnuncioO150-030625-0002_gl.html