A EGAP destaca a importancia da formación para cumprir coa normativa nos procesos de contratación pública
A Escola / Venres, 13 de Xuño de 2025.
A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, destacou hoxe a importancia que ten a formación para cumprir coa normativa nos procesos de contratación pública. Fíxoo na clausura da xornada formativa sobre o procedemento do artigo 150 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSD), que se celebrou esta mañá na EGAP, en colaboración coa Comisión Galega da Competencia.
Sonia Rodríguez-Campos afirmou que a formación “axuda a entender que son as condutas colusorias nos procesos de contratación, como identificar posibles sinais e que medidas tomar para previlas. A capacitación sobre a Lei de Defensa da Competencia, as prácticas colusorias e a importancia da libre competencia son fundamentais para evitar acordos entre empresas”.
A directora da EGAP tamén sinalou que “unha formación axeitada dos empregados públicos sobre a lexislación, as boas prácticas e as sinais de alerta pode axudar a evitar prácticas anticompetitivas, como a colusión ou o fraude”.
Por último, Sonia Rodríguez-Campos apuntou que “unha contratación pública transparente é fundamental para garantir a igualdade de trato entre os licitadores e evitar a corrupción. A formación contribúe a que os procesos de contratación realícense de forma clara e accesible, evitando posibles manipulacións e favorecendo a confianza nas institucións”.
Na xornada analizouse o procedemento do artigo 150 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSD). Este artigo establece a posibilidade de que o órgano de contratación, con carácter previo á adxudicación do contrato, traslade os indicios fundados de condutas colusorias que poidan darse no seo das licitacións.
Estas condutas colusorias, en virtude do artigo 1 da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia (LDC), son calquera tipo de acordo, decisión ou recomendación colectiva ou práctica concertada entre empresas, que teñe como obxecto restrinxir, impedir ou falsear a competencia no mercado.
Tamén tratáronse outros temas como a contratación pública e a defensa da competencia e analizáronse casos reais de condutas colusorias presentados ante a Comisión Galega da Competencia.
Nesta actividade formativa participaron o presidente e vogal da Comisión Galega da Competencia, Ignacio López-Chaves e Daniel Neira Barral, respectivamente. Tamén interviu o subdirector xeral de investigación da Comisión Galega da Competencia, Jesús Lamas Barja, e o presidente do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGal), Tomás Otero Ferreiro.