Curso de Ferramentas transversais da administración dixital na Xunta de Galicia para persoal funcionario e laboral transferido á Xunta de Galicia mediante o Real decreto 394/2025, do 13 de maio, de traspasos de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación e xestión do litoral
A Escola / Martes, 1 de Xullo de 2025.
A través do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convócase o curso Ferramentas transversais de administración dixital na Xunta de Galicia para persoal de novo ingreso (CV25079)
Persoas destinatarias: Persoal funcionario e persoal laboral transferido á Xunta de Galicia por mor do Real Decreto 394/2025, do 13 de maio, de traspasos de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación e xestión do litoral.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 1 de xullo de 2025 ata as 14:00 horas do 7 de xullo de 2025 na área de matrícula Durante o prazo de presentación de solicitudes pódense solicitar ambas as dúas edicións da actividade formativa.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250701/AnuncioO150-180625-0001_gl.html