A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro dun convenio de colaboración co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, convoca unha edición do curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre.
As datas de realización do curso son as seguintes: do 23 de setembro ao 21 de novembro de 2025.
Impartirase na modalidade de teleformación.
Persoas destinatarias: persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, traballadores/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais, en particular, na organización e xestión de actividades de tempo libre.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 25 de agosto ata as 23:55 horas do 5 de setembro na área de matrícula da EGAP.
Máis información: https://egap.xunta.gal/fichacurso/index/CV25089