Curso de formación en prevención de riscos laborais de caracter obrigatorio para o persoal dos centros de traballo das provincias da Coruña e Pontevedra
A Escola / Mércores, 20 de Agosto de 2025.
A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do convenio subscrito con VITALY Health Services, SL, convoca varios cursos de formación en prevención de riscos laborais de carácter obrigatorio para o persoal de diversos centros de traballo das provincias da Coruña e Pontevedra.
Persoas destinatarias: Participará nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal dos diversos centros de traballos indicados no anexo II. Este persoal terá que estar en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II da mesma.
Criterios de selección: O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación.