A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro dun convenio de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca o curso superior de Administración electrónica.
As datas de realización do curso son as seguintes: do 9 de setembro ao 28 de outubro de 2025.
Impartirase na modalidade mixta: presencial e teleformación.
Persoas destinatarias: O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
-
Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
-
Grupos I e II do persoal laboral.
No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local e da Administración de xustiza.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 22 de agosto ata as 23:55 horas do 2 de setembro na área de matrícula da EGAP.
Máis información: https://egap.xunta.gal/fichacursosuperior/index/CV25101