Convocatoria de actividades de formación do marco galego de competencias dixitais COMDIX
A Escola / Martes, 24 de Febreiro de 2026.
A Escola Galega de Administración Pública convoca 46 actividades de formación e 5300 prazas correspondentes á formación dirixida ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
Persoas destinatarias: O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galicia e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (en adiante SUG), que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos na convocatoria.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 25 de marzo de 2026 ata 14:00 horas do 4 de marzo de 2026 na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres máis o curso COMDIX iniciación 0: empezamos!.