Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria de actividades de formación para o persoal de SPI Galicia, FCC, SEAGA, XESGALICIA, Galicia Calidade, RETEGAL, CSAG e SOGAMA

    A Escola / Venres, 13 de Marzo de 2026.

    Ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a EGAP e SPI Galicia, FCC, SEAGA, XESGALICIA, Galicia Calidade, RETEGAL, CSAG e SOGAMA para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse 10 edicións e 455 prazas para o persoal destas entidades.


    Persoas destinatarias: O persoal que presten servizo en SPI Galicia, FCC, SEAGA, XESGALICIA, Galicia Calidade, RETEGAL, CSAG e SOGAMA, que se atope en situación de servizo activo, (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), así como o persoal laboral fixo descontinuo que, atopándose en período de inactividade, manteña vixente a súa relación laboral coa entidade.

    Criterios de selección: SPI Galicia, FCC, SEAGA, XESGALICIA, Galicia Calidade, RETEGAL, CSAG e SOGAMA indicarán á EGAP o persoal que realizará esta formación que será previamente seleccionado por orde de inscrición.
  • Recursos
  •   Resolución DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1321 de 1321
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212