Convocatoria de actividades de formación dirixidas ao persoal da administración de xustiza da comunidade autónoma de Galicia
A Escola / Luns, 16 de Marzo de 2026.
A Escola Galega de Administración Pública convoca 43 actividades de formación e 2120 prazas correspondentes a formación dirixidas ao persoal da administración de xustiza da comunidade autónoma de Galicia.
Persoas destinatarias: O persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral).
Matrícula: desde as 9:00 horas do 17 de marzo de 2026 ata 14:00 horas do 23 de marzo de 2026 na área de matrícula.
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.