Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria de actividades de formación do Plan de Formación para o persoal dos centros de Atención a Mulleres e Vítimas de Violencia de Xénero de Galicia

    A Escola / Luns, 23 de Marzo de 2026.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Acordo de colaboración subscrito coa Consellería competente en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero , convoca 16 actividades de formación e 800 prazas dirixidas aos profesionais que atenden directa ou indirectamente ás vítimas de todas as formas de violencia de xénero dos centros de información á muller de Galicia (CIM); ao persoal do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI); do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (CEMVI); das casas de acollida; das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta e ao persoal das entidades integrantes da Rede galega contra a trata.


    Persoas destinatarias: persoal dos centros de información á muller de Galicia (CIM); ao persoal do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero (CRI); do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (CEMVI); das casas de acollida; das oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ou nas unidades administrativas de igualdade dos departamentos territoriais das delegacións da Xunta e ao persoal das entidades integrantes da Rede galega contra a trata. e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

    Matrícula: desde as 9:00 horas do 24 de marzo de 2026 ata as 14:00 horas do 30 de marzo de 2026 na área de matrícula.
  • Recursos
  •   Área de Matrícula  
  •   Resolución DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1324 de 1324
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212