O obxectivo deste foro é o intercambio de ideas, opinións e propostas de mellora sobre un tema de actualidade como é a reforma do modelo de financiamento autonómico.
Persoas destinatarias:
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local; da Administración de xustiza; das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a xuristas, profesionais, alumnado universitario e persoas interesadas en xeral.
Modo de impartición:
Presencial, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
Número de prazas limitado á capacidade do local.