Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO

    A EGAP acolleu o foro de debate sobre o sistema de financiamento autonómico e as súas propostas de mellora

    A Escola / Martes, 7 de Abril de 2026.

    A directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, destacou que nun contexto marcado pola incerteza e os cambios constantes, "é máis necesario ca nunca apostar por espazos de encontro como este, onde a pluralidade de perspectivas se converte nun valor e nun motor de avance”.







    O catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago, Roberto L. Blanco Valdés, foi especialmente crítico co sistema de cotas, ao consideralo un privilexio dificilmente compatible co principio de igualdade entre cidadáns.“Se hai sistemas de cotas non hai solidariedade territorial ni solidariedade entre as persoas”.
     
    No debate sobre o financiamento autonómico, as reflexións do catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago, César García Novoa, poñen o foco nunha idea clave: a autonomía financeira das comunidades non pode traducirse en desigualdade entre cidadáns. Advirte que modelos de financiamento singular poden xerar problemas de constitucionalidade e romper o principio de igualdade tributaria.
     
    A decana de Dereito e catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Salamanca, María Ángeles Guervós, sinalou que "é necesario un acordo multilateral de reforma do sistema de financiamiento autonómico. O novo modelo debe ter en conta a capacidade de xerar recursos de cada Comunidade autónoma, e ser transparente, que incorpore información suficiente sobre os custos e as necesidades, os ingresos e os gastos para poder prover equitativamente as asignacións correctamente".
     
    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, clausurou o foro. Na súa intervención reivindicou os principios constitucionais de igualdade e solidariedade para o novo modelo do Sistema de Financiamento Autonómico (SFA), fronte ao criterio de ordenación dos ingresos, que “nunca ata o momento constituíra un dos seus principios reguladores”. Con este criterio, as comunidades con maior capacidade fiscal poderán consolidar maiores niveis de gasto por habitante, mentres que as outras verán limitada a súa marxe para reforzar servizos esenciais como a sanidade, a educación e a dependencia.
     
    Miguel Corgos lembrou que hai consenso sobre a necesidade de reformar o actual modelo de financiamento, xa que provoca “un reparto insuficiente, desigual e pouco equitativo entre as CC.AA. de réxime común”. Porén, do mesmo xeito, existe tamén un rexeitamento maioritario á proposta presentada polo Goberno central, xa que se despraza o eixe do sistema do criterio de necesidades de gasto, cara a capacidade tributaria, determinada polo potencial de recadación de cada territorio.
     
    O responsable da Facenda galega abundou na idea de que se a proposta do Goberno central sae adiante, “Galicia tería o peor financiamento autonómico da historia”.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1326 de 1326
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212