Convocatoria do II Curso monográfico de actualización de criterios de actuación no ámbito tributario autonómico galego.
A Escola / Mércores, 15 de Abril de 2026.
A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), convoca o segundo curso monográfico de actualización de criterios de actuación no ámbito tributario autonómico galego. O curso impartirase en dúas modalidades simultáneas: presencial, na EGAP, e telepresenza.
Persoas destinatarias: persoal empregado público de Atriga e persoal das oficinas liquidadoras de distrito hipotecario (OOLLDH), que terá preferencia na selección; persoal empregado público que desempeñe funcións do ámbito tributario (autonómico, estatal e local); colectivo de colaboradores sociais de Atriga; outro persoal empregado público das administracións públicas de Galicia e persoas interesadas en xeral.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 16 de abril de 2026 ata as 23:59 horas do día 23 de abril. Número de prazas ata completar a capacidade, en ámbalas dúas modalidades.