Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocado o programa de autoformación do ano 2026

    A Escola / Luns, 20 de Abril de 2026.

    A Escola convoca 15400 prazas distribuídas nas 77 actividades correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).


    Probas de avaliación: Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocadas mediante un exame e acadar un certificado de equivalencia.

    Matrícula: desde as 9 horas do 21 de abril de 2026 ata as 14 horas do 27 de abril de 2026. O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar limítase a catro.

    Inscrición para o acceso aos contidos: O acceso aos contidos poderá solicitarse, a través da área de matrícula, dende o 28 de abril ata o 30 de decembro de 2026. Cada persoa determinará libremente o número de contidos nos que se queira inscribir e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas. O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin dá dereito á expedición dun diploma.
  • Recursos
  •   Área de Matrícula  
  •   Resolución DOG  
  •   Información sobre o funcionamento do programa de autoformación da EGAP  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1330 de 1331
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212