Ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso, con dúas edicións, e 44 prazas para o persoal empregado público da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Persoas destinatarias: as persoas empregadas públicas da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático., que se encontren en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 30 de abril de 2026 ata as 14:00 horas do 7 de maio de 2026 na área de matrícula