Convocatoria en materia de igualdade e violencia de xénero
A Escola / Mércores, 22 de Abril de 2026.
A Escola Galega de Administración Pública convoca 52 actividades de formación continua e 2384 plazas, en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PTXAS) das tres universidades públicas galegas.
Persoas destinatarias: O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración de xustiza de Galicia; das entidades locais de Galicia; e o PTXAS das tres universidades do SUG, que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros; e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os/as empregados/as públicos/as da Escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Matrícula: dende as 9:00 horas do 23 de abril de 2026 ata 14:00 horas do 28 de abril na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.