A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2026 a Begoña Caamaño, xornalista, narradora e loitadora en diversas frontes, elixida este ano para protagonizar o Día das Letras Galegas.
A Escola Galega de Administración Pública, como institución pública galega, súmase á súa homenaxe organizando un acto conmemorativo, así como unha viaxe de interese cultural.
Inscrición: desde as 00:00 horas do 15 de maio ata as 23:59 horas do día 19 de maio.
Desenvolvemento: o día 21 de maio, ás 12:30 horas, no salón de actos da EGAP terá lugar un acto conmemorativo no cal se proxectará un vídeo homenaxe, terá lugar un relatorio e haberá unha interpretación musical. Para finalizar, convidarase aos asistentes a un cóctel.
Con posterioridade ao acto conmemorativo, realizarase unha viaxe de interese cultural.