Desde hoxe todos os usuarios que o desexen poderán descargar de maneira gratuíta desde a páxina web da EGAP o temario para o acceso á categoría 3 do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia: Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante/subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado. Os textos poderán baixarse integramente en lingua galega ou castelá, de maneira libre e gratuíta, o que permite á Administración avanzar na garantía do principio constitucional de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego público, e, ao mesmo tempo, contribuír á democratización do proceso.
Ademais, na mesma sección tamén se poden descargar os temarios de legoeiro/a e de axentes facultativos ambientais.
Cómpre lembrar que non se trata de repostas ou materiais oficiais, polo que en ningún caso vincularán a opositores ou a tribunais, pero si que son instrumentos complementarios e contrastados que servirán de apoio e axuda como textos de referencia, pero nunca de forma exclusiva ou excluínte doutros materiais. Ademais, cada referencia normativa que aparece nos textos está enlazada directamente cun link á normativa referida, o que lle proporciona ao opositor un coñecemento máis profundo e completo da materia de xeito instantáneo.