Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Abre o prazo de matrícula para o persoal das entidades locais de Galicia

    Cursos / Luns, 14 de Marzo de 2011.

    A EGAP inicia o prazo de matrícula para as actividades formativas do persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.


    A EGAP inicia o prazo de matrícula para as actividades formativas do persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. Esta convocatoria, publicada no DOG nº 50 do 12 de marzo de 2011, está aberta a todos os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración Local de Galicia que se atopan en situación de servizo activo, incapacidade temporal por maternidade ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria. No caso dos funcionarios con habilitación de carácter estatal a situación de expectativa de destino equipárase a estes efectos á de servizo activo, pero terán preferencia os funcionarios que se atopen nesta última situación fronte aos primeiros.

    Nesta convocatoria ofrécense máis de 3100 prazas repartidas en máis de 100 edicións. As actividades formativas, que poden ser de caracter xeral ou específicas, están relacionadas coas áreas de dirección e xerencia pública, economía e finanzas, recursos humanos, procesos de traballo, normativa e organización autonómica, específicas do sector competencial, idiomas e coñecementos transversais.

    Entre as novidades para as actividades de formación do ano 2011 cómpre destacar a realización de probas, tanto nos cursos presenciais como nos de teleformación, para poder obter o diploma; a redución da porcentaxe de faltas de asistencia permitidas, pero sempre xustificadas, a un 10% ; e a realización en todas as actividades dun 25% de contidos prácticos.

    O prazo de matrícula rematará o día 24 de marzo ás 14.00 horas e pódense presentar un máximo de cinco solicitudes a través da zona de matrícula da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula).

    Prema aquí para ver a resolución no Diario Oficial de Galicia.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 4 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212