Os resultados desta avaliación recóllense no Informe de satisfacción coa formación impartida pola EGAP (2010) , froito da análise das 9.474 enquisas de satisfacción cumprimentadas polo alumnado, nas modalidades presencial e teleformación, así como das 706 enquisas cumprimentadas polos docentes e titores/as da Escola.
Este informe, que por primeira vez se fai público na páxina web da Escola, presenta de forma estruturada e gráfica informacións referidas á satisfacción do alumnado cos cursos, á motivación do alumnado para participar nas accións formativas, así como á valoración da calidade da actividade formativa organizada pola Escola. Os resultados acadados apuntan ideas e conclusións útiles para mellorar a nosa oferta formativa ao mesmo tempo que dan a coñecer aos interesados/as a valoración dos cursos.
Dende a EGAP, compartirmos a idea de que para coñecer o nivel de calidade dun servizo é necesario coñecer que opinan as persoas que fan uso deste. Un “servizo de calidade” é aquel que satisfai as expectativas das persoas que o empregan polo que é preciso coñecer a opinión e o grao de satisfacción destas persoas. A mellora dos servizos que prestamos debe formularse dende o punto de vista dos seus usuarios/as, por iso, a EGAP pon en marcha o Sistema Integral de Avaliación da Formación, que nos permite dispoñer de información para mellorar de xeito continuado a nosa oferta formativa e adaptar a formación ás demandas e expectativas dos usuarios/as dos nosos servizos.
Informe de avaliación da satisfacción coa formación impartida pola EGAP no 2010 |