Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
PU19004 - Xornada Un ano de vixencia da nova Lei de Contratos do Sector Público: balance e perspectivas
Imaxe Curso/Xornada

O 9 de marzo de 2018 entrou en vigor a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (LCSP). A lei establece un novo marco regulador do sistema de contratación pública, con vocación de ser máis eficiente, transparente e íntegro, e de mellorar as condicións de acceso a este, facilitando, en particular, a participación das pemes.

Transcorrido o primeiro ano de vixencia da lei, procede realizar un balance da aplicación das principais modificacións introducidas por ela, valorando o alcance da súa execución e as dificultades que presenta. Así mesmo, coa realización desta xornada preténdese propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis innovadores e relevantes da LCSP desde o punto de vista xurídico e da xestión pública.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
21/03/2019
Fin
21/03/2019
Prazas
286
Programa
Inauguración da xornada Un ano de vixencia da nova LCSP: balance e perspectivas
Xoves, 21 de marzo de 2019.
Inauguración da xornada Un ano de vixencia da nova Lei de contratos do sector público: balance e perspectivas
  •  
    •   Video
    •   Audio

Balance do primeiro ano de vixencia da Lei 9/2017, de contratos do sector público
Xoves, 21 de marzo de 2019.
Balance do primeiro ano de vixencia da Lei 9/2017, de contratos do sector público

Visión xeral do estado da arte na contratación pública un ano despois
Javier Vázquez Matilla, consultor en contratación pública

Orfos de reforma nos sectores esenciais
Mercedes Fuertes López, catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de León

Acertos e erros na aplicación da nova Lei de contratos no sector público autonómico
Patricia Iglesias Rey, letrada xefa do Gabinete de Estudos e Dereito Comunitario da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia
  •  
    •   Video
    •   Audio

A contratación como política estratéxica, a compra pública innovadora e o novo recurso especial
Xoves, 21 de marzo de 2019.
A contratación como política estratéxica, a compra pública innovadora e o novo recurso especial

A compra pública innovadora. Aspectos prácticos e experiencias da Comunidade Autónoma de Galicia
Isabel Torralba Mena, letrada xefa do Gabinete de Asesoramento e Apoio á Actualidade Normativa da Xunta de Galicia

A aplicación da LCSP aos poderes adxudicadores non Administración pública e a outras entidades
Julio González García, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Complutense de Madrid e secretario xeral e do Consello de CORREOS.

O recurso especial. Novidades e implantación dos novos supostos de control
Santiago Valencia Vila, presidente do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia
  •  
    •   Video
    •   Audio

A contratación electrónica, a fase de execución dos contratos e a contratación en entidades locais
Xoves, 21 de marzo de 2019.
A contratación electrónica, a fase de execución dos contratos e a contratación en entidades locais

A contratación electrónica tras a entrada en vigor da Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público. Situación no sector público galego
Guillermo Tato González, asesor xurídico da Presidencia da Xunta de Galicia

A relación calidade prezo. O deseño do obxecto e prezo do contrato e os seus criterios de adxudicación
Juan Ramón Fernánez Torres, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Complutense de Madrid

Contratación pública e entidades locais
Manuel Cutrín Domínguez, director da Asesoría Xurídica da Deputación Provincial de Lugo
  •  
    •   Video
    •   Audio

O impacto práctico da nova Lei de contratos na dinámica dos operadores económicos
Xoves, 21 de marzo de 2019.
O impacto práctico da nova Lei de contratos na dinámica dos operadores económicos

José Manuel Maceira Blanco, responsable do Servizo de Información Comunitaria e Innovación da CEG e vogal da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia
  •  
    •   Video
    •   Audio

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia